'Seabirds and marine mammals off SW Galicia, all year-round. Didactic, exciting experience at the best value!'

Tuesday, October 1, 2013

21/09/2013: a great list!

(English version soon) 

O sábado 21 de setembro de 2013 partimos ilusionados desde o porto do Grove coa finalidade de gozar dunha boa peláxica. Esta era a "peláxica da gran lista", xa que podíamos observar aves mariñas máis típicas do verán xunto coas que se atopaban en plena migración ou incluso os primeiros invernantes. Ao pouco de saír de porto notamos un certo tremor no barco. O patrón, que imaxinaba que acontecía, decidiu atracar en Sálvora e proceder ao exame da hélice: un salabardo se enleara! Tras retiralo, proseguimos a peláxica cunha sorpresa en forma de dúas toniñas moi preto do barco.

Xa ao "dobrar" Sálvora o mar foi algo en aumento aínda que con ondas acompasadas, para logo baixar en altura. Os golfiños comúns comezaron aparecer en bo número, así como algunhas pardelas cincentas, mascatos e as primeiras palleiras grandes e parasitas. Tamén se anotou un furabuchos atlántico. Fomos directamente cara ás 12 millas onde botamos o chum e o aceite. Non houbo paíños esta vez, pero si 14 gaivotas de Sabine e 4 gaivotas pequenas: a primeira vez que aparecen nas peláxicas de Seabirds Galicia! Tras gozar dos ataques de palleiras parasitas e grandes ás gaivotas, emprendemos a viaxe de regreso rodeados de cada vez máis golfiños comúns, estimándose ao menos 250 a unhas 4 millas de Sálvora!

Xa dentro da ría, os grupiños de furabuchos baleares e numerosas garzas, limícolas, gaivotas e carráns nas bateas puxeron o broche a unha peláxica produtiva. Ao final, 28 especies de aves acuáticas e 3 especies de cetáceos. Non estivo mal!

A seguir, a lista de avistamentos. En grosa as citas máis salientables e en cursiva cifras aproximadas:

Nome científico
Nome galego

Notas
Melanitta nigra
Pentumeiro
3

Calonectris diomedea
Pardela cincenta
3

Puffinus gravis
Pardela encapuchada
1
Primeira deste ano
Puffinus griseus
Pardela escura
20
Cifra alta
Puffinus puffinus
Furabuchos atlántico
1

Puffinus mauretanicus
Furabuchos balear
44

Morus bassanus
Mascato
48

Phalacrocorax carbo
Corvo mariño grande
6

Phalacrocorax aristotelis
Corvo mariño cristado
107

Egretta garzetta
Garzota
2

Ardea cinerea
Garza real
1

Haematopus ostralegus
Gabita
45

Charadrius hiaticula
Píllara real
1

Calidris alba
Pilro tridáctilo
1
En Sálvora
Numenius phaeopus
Mazarico chiador
1

Actitis hypoleucos
Bilurico das rochas
1

Arenaria interpres
Virapedras
35

Stercorarius parasiticus
Palleira parasita
10
Cifra alta
Stercorarius skua
Palleira grande
14

Chroicocephalus ridibundus
Gaivota chorona
46

Larus melanocephalus
Gaivota cabecinegra
14

Larus fuscus
Gaivota escura
88
Poucas, case todas en alta mar
Larus michahellis
Gaivota patiamarela
770

Larus marinus
Gaivotón
9
Maioría adultos nas bateas
Hydrocoloeus minutus
Gaivota pequena
4
Primeiro rexistro nas peláxicas
Xema sabini
Gaivota de Sabine
14
Todos adultos
Sterna sandvicensis
Carrán cristado
20

Sterna hirundo
Carrán común
1

Hirundo rustica
Andoriña común
1
No porto do Grove
Motacilla alba
Lavandeira branca
2
En Sálvora
Corvus corax
Corvo grande
7
En Sálvora
Stercorarius sp.
Palleira non identificada
3

Phocoena phocoena
Toniña
2
Primeiro rexistro este ano
Tursiops truncatus
Arroaz
2
Na ría
Delphinus delphis
Golfiño común
250
Cifra moi alta
Delphinidae
Delfínido non identificado
1
Probablemente D. delphis
Mola mola
Prionace glauca

1
2

E, a seguir, algunhas fotos, (c) José Luis Lorenzo García "Colón" e Manolo Carregal Silva:

Pentumeiro (Melanitta nigra), 3 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Pardela cincenta (Calonectris diomedea), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Pardela cincenta (Calonectris diomedea), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Pardela encapuchada (Puffinus gravis), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Pardela encapuchada (Puffinus gravis), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Pardela escura (Puffinus griseus), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Mascato (Morus bassanus), xuvenil, 3 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Mascato (Morus bassanus) e gaivotas escuras (Larus fuscus), 3 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Mascato (Morus bassanus), xuvenil, con dúas gaivotas escuras (Larus fuscus), 3 ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Mascato (Morus bassanus), xuvenil, 3 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Mascato (Morus bassanus), xuvenil, 3 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Mascato (Morus bassanus), adulto, 3 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 3 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), esquerda, e gabitas (Haematopus ostralegus), dereita, con unha gaivota patiamarela (Larus michahellis), centro-esquerda, illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"
Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), adulta, probablemente morfo intermedio, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza),  1/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Palleira grande (Stercorarius skua), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Palleira grande (Stercorarius skua), xuvenil, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Gaivotas de Sabine (Xema sabini), adultas, con tres gaivotas pequenas (Hydrocoloeus minutus) abaixo á esquerda, no centro exacto e á dereita do bando, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Gaivotas de Sabine (Xema sabini), adultas, cunha gaivota pequena (Hydrocoloeus minutus) inmatura abaixo á dereita, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"
Gaivotas de Sabine (Xema sabini), adultas, con tres gaivotas pequenas (Hydrocoloeus minutus) e un carrán común (Sterna hirundo), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) Manolo Carregal

Gaivotas de Sabine (Xema sabini), adultas, con catro gaivotas pequenas (Hydrocoloeus minutus) e un carrán común (Sterna hirundo), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) Manolo Carregal

Gaivotas de Sabine (Xema sabini), adultas, con catro gaivotas pequenas (Hydrocoloeus minutus), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) Manolo Carregal

Carrán cristado (Sterna sandvicensis), xuvenil, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) Manolo Carregal

Carrán cristado (Sterna sandvicensis), ría de Arousa (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Golfiño común (Delphinus delphis), 4 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Golfiño común (Delphinus delphis), 4 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) Manolo Carregal

Toniña (Phocoena phocoena), extremo SW da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) Manolo Carregal

Peixe roda (Mola mola), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 21/09/2013, (c) J. L. Lorenzo "Colón"

No comments:

Post a Comment